Identificarse



 

NOTICIAS

O pasado día 19 de xaneiro de 2021 presentáronse dende o Consello Galego de Colexios Veterinarios a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, 3 escritos solicitando que os veterinarios foran incluídos na segunda fase dentro dos "profesionais sanitarios dos servizos que no están na primeira liña” os cales a Xunta de Galicia ten previsto empezar a vacinar fronte o COVID entre o 10 e 12 de febreiro de 2021 segundo declarou o Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijoo nunha comparecencia do día 14 de xaneiro de 2021.

Ditos escritos foron presentados antes as seguintes Administracións :

- Presidencia da Xunta de Galicia (D. Alberto Núñez Feijoo ). Escrito con rexistro de entrada 2021/90485

- Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (D. Julio García Comesaña) Escrito con rexistro de entrada 2021/90526.

- Dirección Xeral de Saúde Pública (Dª. Carmen Durán Parrondo) Escrito con rexistro de entrada 2021/90558 .

Si queres consultar o texto completo da solicitude presentada ao Presidente da Xunta de Galicia Pincha aquí: