Os médicos veterinarios que, para o seu exercicio profesional, adquiran ou empreguen ou transfiran medicamentos veterinarios, deberán comunicar a existencia e localización dos depósitos destes medicamentos.
Esta comunicación deberá dirixirse ao responsable da dirección xeral competente en materia gandeira e presentarase por medios electrónicos no enderezo http://mediorural.xunta.es
Os veterinarios deberán levar un rexistro de cada entrada e de cada uso ou transferencia de medicamentos suxeitos a receita veterinaria, co contido regulado no artigo 93.2.b) do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, polo que se regulan os medicamentos veterinarios.
Para comunicar o depósito de medicamentos acceda a través do seguinte enlace: